Etiquetas

viernes, 17 de febrero de 2012

Dicimos adeus

Amy Winehouse, cantante británica que naceu no ano 1983, foi unha das voces máis brillantes da canción internacional. Cun rexistro vocal bastante potente (contralto), é autora de varios álbums musicais, entre eles "Back to Black" (2006), co que conseguiu seis nominacións aos Premios Grammy, das que gañou cinco. Por outra banda, o seu estilo caracterízase por modernizar varias correntes musicais, tales coma o Soul. Aquí presento un dos seus videoclips máis coñecidos, "Rehab", pertencente ao seu segundo álbum.

Non obstante, o seu controvertido estilo de vida, vencellado as drogas e máis alcohol (as últimas probas médicas evidencia que a causa da súa morte foi un coma etílico) lévarona a falecer en setembro do ano pasado, con tan só 28 anos de idade; deixando un gran baleiro no panorama musical internacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario