Etiquetas

viernes, 17 de febrero de 2012

O ENTROIDO


O peliqueiro
Acércase xa unha das festas con máis presenza en todo o mundo: o Entroido. Todos coñecemos o famoso carnaval brasileiro e, mesmo, o de Niza (Francia). Pero esta festividade tamén mantén unha presenza bastante forte na nosa terra. Por poñer un exemplo, podemos remitirnos ao celebrado nas localidades ourensáns de Verín, Laza e Xinzo de Limia (o denominado "Triángulo máxico"), que é considerado un dos máis xenuínos de toda Europa.

 Esta imaxe correspóndese cun peliqueiro ou un cigarrón, a figura máis representativa do Entroido limiao. Xunto coas pantallas e outros disfraces, ofrécenos a visión máis galega desta celebración que se remonta, xa, á época dos romanos. 



2 comentarios: